Na Coruña Contas

Volver

Modificación da rotonda da Avenida de Glasgow-Club da chave

Mobi-Liza Mobi-Liza  •  24/09/2022  •  Distrito 7  • 

Rotonda Avenida Glasgow.JPG
Rotonda Avenida Glasgow.JPG

Código proposta de investimento: 4102

A rotonda existente na Avenida de Glasgow á altura do club da chave do Birloque é un auténtico perigo para as persoas usuarias do carril-bici de dita avenida; pois pese a gozaren de preferencia, habitualmente teñen que frear para evitar colisións con vehículos. Por iso dende Mobi-liza propoñemos unha solución que pasaría pola eliminación dun carril de circulación do sentido Universidade-Pablo Picasso nas proximidades da rotonda, de forma que os carrís de circulación e a rotonda poidan ser desprazados cara o kiosco. Deste xeito, o carril-bici cruzaría en liña recta a DP-0512 no seu inicio, sen ser, polo tanto, o exterior da rotonda. O resto de vehículos que estarían a piques de acceder á rotonda ou que xa sairían dela terían que cederlle o paso ás bicis e VMP que circulen por ese carril-bici

Proposta en nome de: Mobi-liza

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • tande

    No termino de entender bien el cambio propuesto, pero sí es cierto que el carril bici en esa rotonda, sentido hacia el centro de la ciudad, es un auténtico peligro y hay que hacer algo. Los vehículos que vienen desde Peña A Chave entran a la rotonda mirando a su izquierda porque es lo natural, sin ver que a su derecha viene una bici o VMP con preferencia. Es un grave problema de diseño en esa rotonda, espero que los técnicos del Ayuntamiento puedan solucionarlo.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos