Na Coruña Contas

Volver

Patio para o Centro de Educación Especial Nosa Señora do Rosario

e0e7b948-533b-4321-a6ef-185e01902fe5 e0e7b948-533b-4321-a6ef-185e01902fe5  •  22/09/2022  •  Distrito 7  • 

Código proposta de investimento: 4051

O alumnado do CEE Nosa Sra do Rosario, todo el con diversidade funcional, non conta cun espazo propio para os momentos de lecer ao aire libre. Solicitamos ao concello crear unha zona de esparcimento onde actualmente existe un aparcadoiro lindando co noso centro na Rnda Camilo José Cela, pechando ese espazo e reubicando no peche as prazas de aparcamento. Precisamos investimento para humanizar o espazo e facelo accesible e agradable, con mobiliario urbano e xogos apropiados para o divertimento de todas as persoas. Este espazo, podería ser empregado por todo o barrio en horario distinto ao escolar, así como nas épocas estivais. Deste xeito, estariamos a respectar o dereito do noso alumnado a contar cun espazo para o recreo, dando resposta ás súas necesidades de ocio, e, ao mesmo tempo, todo o barrio podería disfrutar dun espazo de lecer inclusivo e sen barreiras.

Localización: Ronda Camilo José Cela

Proposta en nome de: CEE NOSA SEÑORA DO ROSARIO

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Birloqueiro1991

    Esta propuesta no procede. Otra propuesta más que solo mejora a unos pocos, no se dudan de las necesidades reales de los colegios/institutos pero no procede que unas ANPAs monopolicen unos presupuestos de un barrio. ¿Las mejoras de los colegios no tendrían que cubrirlas el ministerior de educación o el propio colegio? En fin...

    Sen respostas
Non hai fitos definidos