Na Coruña Contas

Volver

Reordenación do cruce de rúa Terranova de Eirís con Fray Pedro Payo Piñeiro

ddgrandio ddgrandio  •  22/09/2022  •  Distrito 8  • 

Despois / Antes
Despois / Antes

Código proposta de investimento: 4037

Na actualidade o entronque destas rúas en planta conta cunha extraña distribución que inclúe unha ampla banda de cebreado, unha superficie desaproveitada utilizada de xeito habitual polos veciños para aparcaren de xeito alegal, o que implica que recurrentemente reciban multas por parte da Policía Local. A superficie do cebreado e o exceso de espazo adicado a tránsito de vehículos poderíase aproveitar doutro xeito máis racional mediante o entronque das rúas deixando únicamente o espazo para a circulación precisa para a circulación e que permita a entrada/saída do aparcadoiro próximo e o tránsito rodado en tódalas direccións. Ademáis poderíase gañar: - Aproximadamente 7 novas prazas de aparcadoiro en batería - Nova zona de aparcamento para motos - Un novo paso de peóns - Novos alcorques para arborado - Ampliación de beirarúa  

Documentos (1)

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos