Na Coruña Contas

Volver

Beirarrúas Estrada dos Fortes

CCG78 CCG78  •  21/09/2022  •  Distrito 5  • 

Estrada dos Fortes
Estrada dos Fortes

Código proposta de investimento: 4032

A Estrada dos Fortes vai dende o C.C. Los Rosales ata o Monte de San Pedro. Conta con gran volume de tráfico e, por dito vial, transitan os peóns que se desprazan aos Colexios da zona (Calasancias e P. Escolapios-Calasanz), Campos de Fútbol de S.Pedro de Visma, Cemiterio ou mesmo paseantes que suben cara o Monte de San Pedro. As beirarrúas estreitas e, a miúdo, cheas de maleza, non son a mellor opción para acceder a este entorno, polo que se deberían ampliar ou acondicionar para a seguridade dos usuarios

Informe de custo

A proposta é viable. Proponse mellorar as beirarrúas da Estrada dos Fortes aumentando o seu ancho nos puntos onde sexa posible así coma mellorando os pasos de peóns e garantindo o calmado de tráfico dunha estrada que forma parte tamén dunha contorna escolar de dous centros educativos. Reforzarase tamén a sinalización tanto vertical coma horizontal da rúa.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos