Na Coruña Contas

Volver

Mellorar carril bici Universitario

Gabriel Gabriel  •  21/09/2022  •  Distrito 7  • 

WhatsApp_Image_2022-09-20_at_23.24.34.jpeg
WhatsApp_Image_2022-09-20_at_23.24.34.jpeg

Código proposta de investimento: 4019

Actualmente o carril bici universitario está bastante ben conectado e máis agora coa unión nas Paxariñas pero ten algunhas deficiencias,por iso propoño: -Mellorar a sinalización nos cruces, en especial o da rotonda da Peña da Chave do Birloque. -Mellorar o tramo da glorieta da Av.Glasgow coa rúa Juan Darriba que ten un trazado dificultoso. -Arreglar o tramo que vai pegado ao C.C. Espacio Coruña no que na actualidade atópase bastante desfeito por algúns vehículos que aparcan nel polo que está todo cheo de gravilla e o aslfalto desfeito.Tamén habería que impedir que os vehículos aparquen enriba do carril bici. -Creación/mellora do carril bici do campus de Elviña conectandoo co tramo que vai debaixo do FFCC- -Ampliación do carril bici de Mesoiro para conectalo con este último. -Creación dun carril bici ata o campus da Zapateira, por mor das costas. Facendo estas intervencións,sumado as futuras bases de Bicicoruña, conseguríase comunicar ben unha zona tan potencial coma os campus universitarios (con potenciais usuarios) co resto da rede Metropolitana tendo puntos clave coma a estación de buses e tamén con Salvador de Madariaga a través das Paxariñas (e se se amplia Matogrande e Ofimático) ou Mesoiro (Novo Mesoiro coa proposta gañadora o ano pasado e nun largo plazo incluso con Santiago de Compostela se amplía a Vía Verde nas antigas vías do tren).En definitiva unha interconexión de puntos clave a través de vías ciclables e unha redución do tráfico rodado e contaminación.  

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos