Na Coruña Contas

Volver

INSTALACIÓN DE FIBRA ÓPTICA EN TÓDOS OS NÚCLEO DE ELVIÑA CASTRO

SilviasvCastro SilviasvCastro  •  19/09/2022  •  Distrito 9  • 

Vista Aérea de San Vicente de Elviña
Vista Aérea de San Vicente de Elviña

Código proposta de investimento: 3975

As veciñas e veciños da parroquia de San Vicente de Elviña (Lugares de Elviña, Castro de Elviña) non temos acceso dende os nosos fogares á rede de fibra óptica, algo imprescindible a dia de hoxe para case calquera actividade laboral, administrativa e incluso o acceso á sanidade. Solo as vivendas ao caron da estrada principal teñen acceso á fibra (Edificio O Pilar), non chegando a ningúnha outra vivenda do lugar. Pedimos que se complete a instalación de fibra nestes lugares que se atopan entre nodos tan ben comunicados como son os campus universitarios de Elviña e A Zapateira, polo que técnicamente debe ser doado dotar a toda a poboación de fibra óptica cunha boa conectividade. 

Proposta en nome de: AVV "Os Rexumeiros" de Elviña Castro

Informe de inviabilidade

Esta proposta non é viable porque non é competencia do Concello da Coruña.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Veciño

    Unha proposta, marcada como "inviable" polo Concello neste proceso, pero que resulta imprescindible hoxendía tanto por poboación censada como por volume de estudantes universitarios que precisan deste servizo. Así, tanto por motivos de estudo, laborais e do día a día os núcleos de poboación de Elviña e Castro de Elviña precisamos, ó igual que calqueira outro barrio da cidade, unha infraestructura digna de fibra óptica.

    Se non pode ser obxecto de votación nos actuais Orzamentos participativos os veciños solicitamos que o Concello se poña en contacto coa Xunta, que conta cun Plan de Banda Ancha dende hai moitos anos, e as diferentes compañías proveedoras do servizo para impulsar a súa implementación no barrio.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos