Na Coruña Contas

Volver

Humanización da rotonda alta de Monelos / Barrio das Flores / Eroski

ddgrandio ddgrandio  •  19/09/2022  •  Toda a cidade  • 

Captura.JPG
Captura.JPG

Código proposta de investimento: 3955

Na actualidade este cruzamento dispón dunha prioridade total e absoluta para o tránstio en vehiículo privado, dificultándo os movementos a pé entre o Barrio das Flores co establecemento comercial disposto na outra beira. Existen puntos onde para percorrer os 80m en liña recta que separan o Barrio das Flores do supermercado situado na outra beira o peón é obrigado a percorrer ata 200m o que induce a un tránsito peonil habitual e fóra das normas seguindo as liñas de desexo (o camiño máis curto) que pon en risco a súa integridade. Esta proposta solicita: - que sexan analizadas as mobilidades peonís, en vehículo privado e a influencia das paradas cercanas de transporte público. - que se lle de prioridade aos movementos peonís á hora de establecer itinerarios mellor adaptados ao camiñante Ó tratarse dunha actuación na límite dos distritos 7 e 8 trátase como unha actuación para "Toda a cidade"

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 90 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos