Na Coruña Contas

Volver

Mellora de beirarúas e accesibilidade

A. Martínez A. Martínez  •  15/09/2022  •  Distrito 10  • 

Antes e despois
Antes e despois

Código proposta de investimento: 3860

Actualmente a praza Salvador de Madariaga supón un risco de accesibilidade e caídas polo levantamento do pavemento ata 15cm nalgúns puntos.

Isto débese o crecemento do arborado nuns alcorques moi pequenos.

Proponse a preservación do arborado, tanto dos plataneiros de gran porte, dos choróns, coma do arborado exótico de escasa presenza na cidade, simplemente ampliando os alcorques retirando as lousas ó redor e implantando plantas tapizantes.

Deste xeito redúcese o risco de caídas, mellora a accesibilidade e a saúde dos árbores, mantendo este pulmón verde no barrio. 

Supón ademais unha intervención de moi baixa inversión económica. 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos