Na Coruña Contas

Volver

Humanización zona axardinada das casas de Franco na Ronda de Outeiro

A. Martínez A. Martínez  •  15/09/2022  •  Distrito 6  • 

Paseo San Xoan de Barcelona
Paseo San Xoan de Barcelona

Código proposta de investimento: 3857

O espazo axardinado situado entre as casas de Franco e a Ronda de Outeiro atópase infrautilizado. A proposta implica a actuación no mesmo seguindo un esquema similar ó empregado na reforma do Paseo de San Xoan de Barcelona. Respectaríase o arborado actual, de gran porte, que supón unha barreira acústica e visual entre o tráfico e as vivendas, pero eliminaríanse os parterres cercados actuais. Crearíanse zonas de estancia con  mobiliario urbano, permitindo un maior uso e desfrute do espazo, plantaríanse zonas de arbustivas e un pavimento intercalado que permita o crecemento de vexetación e incrementaría a segregación respecto ó tráfico. 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE porque, ainda que estivo entre as máis apoiadas do distrito na fase de priorización, o seu orzamento de execución supera o límite asignado ao distrito, e non pode incluirse no grupo de propostas de cidade por ter acadado menos de 90 apoios, límite establecido nesta categoría para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos