Na Coruña Contas

Volver

Paso de Peóns en Joaquín Martín Martínez e Juan Darriba

anxo_gz anxo_gz  •  14/09/2022  •  Distrito 7  • 

Código proposta de investimento: 3811

Na parte inicial da rúa Joaquín Martín Martínez a rúa é estreita e aínda que no está permitido aparcar é habitual ver coches estacionados, o que dificulta a saída do garaxes existentes a ámbolos dous lados, deberíase ampliar as beirarrúas, poñer sinalización vertical e horizontal que indique claramente a prohibición de aparcamento a ámbolos dous lados da rúa e facer pasos de peóns sobreelevados tanto na rúa Joaquín Martín Martínez como na rúa Juan Darriba, xa que nesa zona non existen e tamén reduciría a velocidade dos vehículos que baixan hacia Glasgow dende Juan Darriba, e melloraría a visibilidade dos que xiran dende Joaquín Martín Martínez a esquerda cara a Juan Darriba, xa que ao existir este novo paso de peóns evitaríase o aparcamento de coches nesa esquina que tambén dificultan a visibilidade de incorporación.

Localización: Rúa Joaquín Martín Martínez e Juan Darriba

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos