Na Coruña Contas

Volver

Arranxo dos baños do Coliseum

ammeg ammeg  •  13/09/2022  •  Distrito 7  • 

Código proposta de investimento: 3764

Os baños do Coliseum atópanse en mal estado tanto os dos homes como os das mulleres, algúns non teñen pechadura na porta e outros teñen unha corda para tirar da cisterna e non sempre funcionan. Estes servizos non están á altura da programación do edificio e, ademais, xeran unna sensación de inseguridade ás persoas que os utilizan.

Localización: Rúa Francisco Pérez Carballo, 2

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos