Na Coruña Contas

Volver

Arranxo zonas verdes e humanización da Falperra e escaleiras de Maestro Clavé

AMartin AMartin  •  12/09/2022  •  Distrito 3  • 

Código proposta de investimento: 3653

Vimos de ver este verán que nos atopamos co barrio de Falperra completamente abandonado; coas zonas verdes convertidas en areeiros  onde os animais fan os seus excrementos e se acumulan sen que ninguén os recolla, facendo que sexa moi desagradable camiñar por estas rúas (por exemplo Sinforiano López ou escaleiras da rúa Falperra a Rda. Nelle). As escaleiras mecánicas de Maestro Clavé non son unha excepción, onde as zonas verdes se atopan abandonadas e convertidas en fogar para gatos onde se acumula o lixo. Por todo isto, proponse arranxar as zonas verdes do barrio e prantar árbores nas rúas, unha maior limpeza nestas áreas, así como campañas de concienciación para os propietarios de animais.

Localización: Falperra

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos