Na Coruña Contas

Volver

Estación BiciCoruña na Rúa Gaiteira con Avenida de Oza/Rolda de Outeiro

gsvidal gsvidal  •  12/09/2022  •  Distrito 7  • 

Zona sin estación BiciCoruña
Zona sin estación BiciCoruña

Código proposta de investimento: 3652

Na zona da Rúa da Gaiteira, confluencia coa Avenida de Oza e Rolda de Outeiro, non existe estación do servicio de prestamo de bicicletas de BiciCoruña; tendo que desprazarse ata 10 minutos á estación máis cercana. Se mostra na imaxe, en cor vermella as areas de influencia das estacións actuais e se aprecia a falta de servizo na zona para a que se solicita instalación.

Por iso propoño a creación dunha estación na zona para que a veciñanza poda optar polos desprazamentos activos en favor da mobilidade segura e sostible.

Localización: Rúa da Gaiteira con Avenida de Oza

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos