Na Coruña Contas

Volver

INSTALACIÓN DE PANEIS INFORMATIVOS ELECTRÓNICOS NAS PARADAS DOS BUSES URBANO

Álvaro_AVOsnososlares_Palavea Álvaro_AVOsnososlares_Palavea  •  12/09/2022  •  Distrito 8  • 

Parada de buses en Palavea. Unha das paradas para as que se solicita a inversión
Parada de buses en Palavea. Unha das paradas para as que se solicita a inversión

Código proposta de investimento: 3647

Demándase a inversión na instalación de paneis informativos nas paradas dos buses urbanos nas zonas de Palavea, Santa Xema e Ponte da Pasaxe (liñas 20, 22 e 1A) para facilitar a información sobre os horarios das paradas e os tempos de chegada (número de liña, destino e tempos de chegada) facilitando a visibilidade e a información para os usuarios que non empreguen aplicación móbiles.

Proposta en nome de: Asociación veciñal “Os nosos lares” de Palavea-Santa Xema-Ponte da Pasaxe

Informe de custo

Na zona á que se refire a petición inclúense 7 paradas de bus urbano das liñas 1A, 20 e 22: 277 Avda. Alfonso Molina – Pedralonga 278 Alfonso Molina – Palavea dirección entrada da cidade 290 Alfonso Molina – Palavea dirección saída da cidade 369 Alcampo 370 Santa Xema 371 Avda. Pasaxe – Santa Xema 372 A Pasaxe En ningunha consta na actualidade panel informativo ou display sobre información de horarios das liñas, tempos de chegada, adaptación do bus a persoas con mobilidade reducida, etc... Logo de ver o número de persoas usuarias que esperan o bus urbano nesas paradas (datos 2021) e frecuencia das liñas, considérase que deben instalarse paneis en 5 das paradas indicadas, xa que o criterio técnico para a colocación dos displays informativos é principalmente a representatividade da parada nun uso estimado suficiente para o custo do investimento; debe lembrarse que non todas as paradas de todas as liñas teñen este sistema informativo na cidade, senón as máis representativas en uso, frecuencia, distancia a centros de interese (ambulatorios, centros educativos, etc...). Cada display ten un prezo unitario de 15.600,00€+IVE, e calcúlase un importe duns 6.500,00€+IVE para obra civil de instalación con canalización eléctrica, polo que cada parada supón 26.741,00€ (IVE incluído). Polo tanto, o investimento necesario ascende para 5 displays ascendería a 133.705,00€ (IVE incluído), ao que deberá engadirse o gasto de redacción de proxecto e dirección de obra, que se estima nuns 12.000€ máis, o que fai un total de 145.705,00€ (IVE incluído).


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos