Na Coruña Contas

Volver

Asistencia Social e Centro de Día no edificio da Rúa Veeduría s/n

PFR PFR  •  04/10/2021  •  Distrito 1  • 

Centro_Cívico_Cidade_Vella.jpg
Centro_Cívico_Cidade_Vella.jpg

Código proposta de investimento: 3590

Xa antes da pandemia foi eliminado de Centro Cívico da Cidade vella o punto de Asitencia Social que antes estaba a funcionar. Dende aí detectáronse e foron atendios numerosos casos, fundamentamente de xente maior, que vivindo soas e/ou sen contar con axuda familiar non estaban digna e debidamente atendidas e ás veces en situación de salulbridade e alimentación precarias. A eliminación deste punto de atención e posteriormente a pandemia vivida agravóu a situación destas veciñas. En reiteradas ocasións, denda hai xa 2 anos, estamos a chamar á dirección de área correspondente obtendo o silencio e a indeferencia como resposta.

Os maiores, con frecuentes problemas de mobilidade e ás veces tamén cognitivos, son derivados ao centro de Monte Alto, algo que supón un contratempo para eles que os incita a abandonar no camiño da solicitude de axuda  e asistencia social que o concello ofrece.

Non se pode prescindir deste servizo, polo que se propón a posta en marcha dun Centro de Día Municipal no edificio que hoxe alberga o Centro Cívico da Cidade Vella (Veeduría S/N).; non un espazo para que os maiores teñan onde estarm tal e como o goberno municipal dí ter pensado/proxectado, se non un Centro de Día regulado como tal que preste a maior atención posible a maiores, á xente que vive en soedade e/ou carece de apoio familiar, que cumpla os obxectivos de coidados, atención nutricional, pauta e control de medicacións, tamén que teñan asesoramento xurídico en relación ás súas herdanzas ou patrimonio, tramitación de solicitude das axudas ás obras de mantemento de servizos nas súas vivendas, que sexa garante da accesibilidade ás mesmas etc.

Localización: Rúa Veeduría s/n

Proposta en nome de: Asociación de Veciños da Cidade Vella "María Pita"

Informe de inviabilidade

Revisada a proposta e o proxecto para o Pazo de Veeduría, temos que calificar esta proposta como INVIABLE posto que xa está aprobada en curso a execución dun proxecto de uso para este equipamento municipal.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos