Na Coruña Contas

Volver

PISTAS DEPORTIVAS NA PLAZA CASARES QUIROGA ((ELVIÑA)

MARIA69 MARIA69  •  04/10/2021  •  Distrito 7  • 

Código proposta de investimento: 3563

Nesta plaza hai unha gran zona de asfalto con pedra valeira que fai anos tiña duas canastas de baloncesto que as quitaron non se sabe o porqué, e podíase aproveitar para facer unhas pistas deportivas para a mocidade do barrio pois non hai ningunha na zona ou cerca donde poidan xogar, e teñen que desplazarse o alto do  Parque de Oza onde hai 2 pistas que sempre están petadas de rapaces. Polo menos se non se poden facer as pistas podíanse volver colocar as canastas que xa había fai anos e onde rapaces, mozos e incluso outros que non somos tan novos podíamos ir a tirar unhas canastas e de paso  facer  algo de deporte, colocar esas canastas supón unha inversión mínima e dase un servicio o barrio nunha zona que está infrautilizada debido a que non ten nada agora mesmo e o piso ten unha pedra bastante gorda que fai que os nenos pequenos non a aproveiten para xogar porque resulta perigrosa polas posibles caídas nun piso tan rudo.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos