Na Coruña Contas

Volver

Reforma da intersección da Ronda de Outeiro con Alcalde Pérez Ardá

ddd ddd  •  03/10/2021  •  Distrito 7  • 

Estado actual
Estado actual

Código proposta de investimento: 3517

Esta intersección é bastante perigosa tanto para peóns como ciclistas debido aos carrís exclusivos para virar a dereita que existen. Por iso propoño reformar a avenida facendo ou unha rotonda similar á do Corte Inglés, ou eliminando os carrís para virar a dereita e crear unha intersección protexida para bicicletas (similar á desta proposta: https://nacorunacontas.coruna.gal/budgets/5/investments/2928), o cal beneficiaría tamén os peóns.

Localización: Intersección da Ronda de Outeiro con Alcalde Pérez Ardá

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos