Na Coruña Contas

Volver

Beirarrúas en Pocomaco

Mobi-Liza Mobi-Liza  •  03/10/2021  •  Distrito 9  • 

3883287.jpg
3883287.jpg

Código proposta de investimento: 3515

O polígono industrial de Pocomaco non é nada amigable para co peón. Ir a pé supón esquivar coches estacionados (tanto ben como mal aparcados), superar barreiras arquitectónicas (ramplas dende parcelas cara o exterior, por exemplo) e ver como coches pasan a escasos centímetros do teu corpo a velocidades moi por riba do límite de velocidade (30km/h). Polo tanto, dende Mobi-liza propoñemos a creación de beirarrúas eliminando as bandas de aparcadoiro. Desta maneira, garantirase unha maior seguridade para o peón e fomentarase que máis desprazamentos ao polígono se realicen en transporte público, en detrimento do coche (en moitas ocasións empregado para desprazamentos facilmente substituíbles por outros medios de transporte).

Localización: Pocomaco

Proposta en nome de: Mobi-liza

Informe de inviabilidade

A proposta foi declarada INVIABLE por non ser competencia municipal. O polígono é de titularidade privada.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos