Na Coruña Contas

Volver

Reforma das liñas de bus

ddd ddd  •  03/10/2021  •  Toda a cidade  • 

500299ce-aa10-419a-b76b-5a22ec7ec730_16-9-discover-aspect-ratio_default_0.jpg
500299ce-aa10-419a-b76b-5a22ec7ec730_16-9-discover-aspect-ratio_default_0.jpg

Código proposta de investimento: 3510

O sistema de bus da Coruña é bastante disfuncional, sendo proba diso as numerosas propostas que hai para crear novas liñas ou mudar as existentes. Aínda que moitas destas propostas son boas, non tratan o problema maior: que as liñas de bus na Coruña non están deseñadas dunha maneira global e cohesionada, senón como unha suma incoherente de liñas enrevesadas que queren abarcar moito, indo por todos lados, e que o único que conseguen é crear frecuencias moi baixas e traxectos longos demais. 

Por todo isto propoño redeseñar por completo o mapa de liñas para facer un sistema global, con frecuencias altas e no cal se promova o transbordo e a conexión con outros medios de transporte, procurando ter en conta as necesidades de cada barrio. Tamén considero importante redeseñar o sistema pensando non só na Coruña senón en toda a súa área metropolitana na medida do posible, xa que neste aspecto hai problemas competenciais entre as distintas administracións.

É certo que facer isto vai ser complicado e polémico, isto xa se propuxo moitas veces e ningunha tivo éxito, mais é imprescindible se queremos desincentivar o vehículo privado, xa que non se lle pode quitar a xente un medio de transporte sen ofrecerlle outra alternativa.

Informe de inviabilidade

A proposta é inviable porque o redeseño das liñas de autobús non é un gasto de investimento.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos