Na Coruña Contas

Volver

Mellora da accesibilidade e calmado de tráfico en Rafael Alberti

homergz homergz  •  02/10/2021  •  Distrito 7  • 

06_V2-68-b.jpg
06_V2-68-b.jpg

Código proposta de investimento: 3463

No tramo que vai da Praza de Luis Seoane ate José Miñones non é estrano ver coches que alcanzan velocidades que superan, por moito, os 30 Km/h. Propoño a homoxeneidade de toda a rúa, igualando a obra xa feita á altura dos números 10 e 15. Colocación de elementos disuasorios (e humanizadores) como xardineiras, e unha reordenación do aparcamento, poñendo prazas "en batería", alternándoas de lado a lado da rúa e, así, obrigando a quen circula por ela, a facer un zig-zag e reducir a velocidade.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos