Na Coruña Contas

Volver

Instalación de alumeado na rúa Antonio Machado

homergz homergz  •  02/10/2021  •  Distrito 7  • 

Iluminacion.jpg
Iluminacion.jpg

Código proposta de investimento: 3461

A rúa Antonio Machado debe ser unha das poucas rúas na Coruña que quedan sen alumeado público. Os poucos puntos de luz existentes, ademáis de estar tapados coas polas das palmeiras, só iluminan a calzada, o que é absurdo, xa que os vehiculos estan obrigados, por lei, a levar luces.

Propoño a instalación de luces LED aproveitando as cornisas dos edificios ou o muro de contención de terra que separa a zona peonil da incorporación á Avenida, sobre todo ésta última está totalmente en penumbra.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos