Na Coruña Contas

Volver

Renovación alumbrado no tunel peonil

homergz homergz  •  02/10/2021  •  Distrito 7  • 

Tunel.jpg
Tunel.jpg

Código proposta de investimento: 3458

O tunel peonil que cruza, baixo a Avda Alfonso Molina, dende a Avda Oleiros ate a Praza de Luis Seoane, esta nun estado lamentable dende hai anos. Sobre todo a iluminación, que ademáis de deficiente é propia dun centro penitenciario. Propoño a sustitución do alumeado, poñendo LED, cubrimento e tratamento de fendas tanto no teito coma nas paredes, limpeza e adecentamento do sistema de evacuación de pluviales, xa que os días que chove hai que levar botas de goma pola acumulación de auga, limpeza e adecentamento do entorno, no que actualmente medran herbas e plantas sen xeito. Por último, branqueamento e pintado das paredes para que xs diferentes artistas urbanos deixen a súa pegada en forma de mural, que xa forma parte do propio tunel.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos