Na Coruña Contas

Volver

Pista Baloncesto 3x3

homergz homergz  •  02/10/2021  •  Distrito 7  • 

Basquet.jpg
Basquet.jpg

Código proposta de investimento: 3455

A creación e mantemento de lugares de lecer e deportivos anima á veciñanza ao seu uso. Na confluencia das rúas Avda Oleiros, Bugallal Marchesi e Alvaro Cunqueiro existe unha canasta, pero sofre abandono dende hai anos. Propoño o adecentamento do entorno, colocación e pintado do chan coma na nova disciplina olimpica 3x3, sustitución de bolardos por uns de goma, reparación ou sustitución da canasta. Tamen sería bo cambiar a orientación da propia canasta, xa que, actualmente, obriga a mirar para o sol cando levantas a vista ao tirar.

Localización: Rua Alvaro Cunqueiro

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos