Na Coruña Contas

Volver

Ampliación de espazo peonil en praza Ourense

Mobi-Liza Mobi-Liza  •  02/10/2021  •  Distrito 3  • 

Praza de Ourense
Praza de Ourense

Código proposta de investimento: 3454

A praza de Ourense está destinada na súa meirande parte ao coche, deixando que o espazo destinado ao peón e outros medios de transporte (bici, VMP, bus...) sexa escaso, compartido e xera conflitos. Por exemplo, onde Delegación de Goberno hai unha beirarrúa estreita que ten ser compartida entre peóns, usuarios de bicicleta e do transporte público; do outro lado, a situación é similar. Polo tanto, dende Mobi-liza, propoñemos unha reordenación do espazo público, de forma que academos un espazo máis humano, máis eficiente (que move persoas e non só coches), reducindo o número de carrís de circulación, pasando de 5 a 3 en sentido entrada e de 3 a 2 en sentido saída. Este espazo sería aproveitado para ampliar as beirarrúas estreitas e, ademais, no sentido entrada, podería conectarse o carril-bici segregado.

Localización: Praza Ourense

Proposta en nome de: Mobi-liza

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos