Na Coruña Contas

Volver

Sinalización destinada ao peón

Mobi-Liza Mobi-Liza  •  02/10/2021  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 3453

Na Coruña, case todos os paneis e sinaléctica referida a ubicacións de, por exemplo, museos ou elementos patrimoniais; está pensado dende o punto de vista do coche. Neste sentido, a altura á que se atopa esta sinalización non se axusta á visión do peón, senón á do condutor de coche; e as direccións baséanse nos sentidos de circulación do coche, entre outros aspectos. É por iso que dende Mobi-liza propoñemos que se cree sinaléctica axustada ás características do peón.

Proposta en nome de: Mobi-liza

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 90 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos