Na Coruña Contas

Volver

Aparcabicis en cruces conflitivos

Mobi-Liza Mobi-Liza  •  02/10/2021  •  Distrito 3  • 

fotonoticia_20150821132058_1024.jpg
fotonoticia_20150821132058_1024.jpg

Código proposta de investimento: 3447

Co fin de mellorar a visibilidade en cruces e nos pasos de peóns, dende Mobi-liza propoñemos a colocación de aparcabicis nas súas proximidades. Concretamente, propoñemos a colocación dun aparcabicis na intersección entre Ramón y Cajal e Avenida de Oza (na beirarrúa da churrería El Timón), xa que percibimos que habitualmente aparcan coches de maneira irregular diante da praza reservada para persoas con mobilidade reducida, restando visibilidade no cruce e poñendo en perigo aos peóns e persoas usuarias de bicicleta e VMP. Igualmente, cremos que esta medida pode ser replicable en moitos máis cruces e interseccións.

Localización: Intersección Ramón y Cajal e Avenida de Oza

Proposta en nome de: Mobi-liza

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos