Na Coruña Contas

Volver

Restauración do camiño histórico da Agueira (Feáns)

elongueirar elongueirar  •  01/10/2021  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 3425

O camiño da Agueira trátase dun camiño histórico que comunica a contorna de Feáns en dirección ao Castro de Elviña. Actualmente atópase en moi mal estado debido ao abandono e a climatoloxía, polo que require unha intervención integral para a súa utilización polos veciños de Feáns e de toda a cidade da Coruña.

Localización: Camiño de Agueira (entre o Castro de Elviña e os Montes do Obradoiro)

Proposta en nome de: Asociación de Veciños Feáns-O Freixo

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Usuario eliminado  •  06/10/2021 23:23:55

    Concordo, mais que a intervención non faga máis mal no medio do necesario. Habería que arranxar os tramos especialmente dificultosos ou erosionados, contando que a solución debe aguantar por exemplo a baixada de auga en inverno para que despois en primavera non volva estar desfeito o que se fixera na reparación.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos