Na Coruña Contas

Volver

Análisis ADN dos excrementos dos cans nas rúas (para sancións aos donos)

elizcao elizcao  •  01/10/2021  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 3417

Desafortunadamente unha gran proporción de donos de cans non respetan as normas de convivencia e civismo básicas. Basta darse un paseo por algunhas das zonas máis concurridas da cidade para ver o seguinte:

a) non se recollen os excrementos dos cans e que se permite ouriñar nos portais de edificios e locais comerciais (ex.: rúa Barcelona, que por riba é peonil e hai que ir apartando dos excrementos é soportando o cheiro)

b) lévanse os cans soltos en zonas onde non está permitido (ex.: Parque do Monte de S. Pedro, zona de xogos do Parque de Sta Margarita, Parque Vioño, etc),

c) déixase beber aos cans das fontes públicas lamendo do cano onde despois van beber nenos pequenos que, ao non saber ainda como beber, pegan alí a boca, o cal non é en absoluto hixiénico aparte de noxento

E así un longo etcétera. É un problema que, lonxe de reducir a súa incidencia, está a aumentar, co incremento da poboación canina na cidade ( datos de 2018 https://www.elidealgallego.com/texto-diario/mostrar/2443465/censo-perros-crece-11-entrada-vigor-lei-benestar-animal )

O resto da cidadanía (incluídos os donos de animais que sí cumpren ca súa obriga e son cívicos e responsables) sofre as consecuencias destes incumprimentos. Aínda que estas conductas aparecen reguladas na normativa municipal, non se levan a cabo medidas na práctica para vixiar adecuadamente o seu cumprimento, reducir/eliminar a súa ocorrencia e sancionar, se é necesario, estes incumprimentos. As campañas anteriores do Concello aludindo ao civismo (p.ex. “O teu can di moito de ti”) mostraron ser totalmente inefectivas, algo que era esperable xa que na base desta conducta está o incivismo así que é lóxico que non lles importara que se evidenciara indirectamente o que son: incívicos. Apelar á súa calidade cívica e moral é tarefa inútil.

Deberían establecerse medidas de vixilancia e correctoras/sancionadoras, medios prácticos para levalas a cabo, etc. Unha das medidas que foi extendéndose con éxito tanto polo territorio nacional (41 municipios incluíndo grandes cidades, como aparece referido no enlace máis abaixo) como internacional (USA, UK, Israel...ver enlaces) é a seguinte: o análisis do ADN nos excrementos dos cans pra sancionar aos donos que incumplen a súa recollida.

Considero imprescindible respectar os dereitos dos animais e promover a súa defensa pero igual de imprescindible é mellorar a hixiene e saúde na cidade e a convivencia cidadán, o civismo e o respecto ao resto dos concidadáns. Por todo isto, solicito que se instaure a medida mencionada, que está mostrando ser efectiva noutros moitos municipios de diferentes países do mundo. Grazas. Saúdos

Algunhas referencias: https://www.elcorreo.com/vivir/consumo/analisis-adn-perros-20210609141008-ntrc.html https://www.pipperontour.com/blog2/ayuntamientos-adn-canino https://www.localgov.co.uk/Council-hails-success-of-DNA-dog-poo-testing/40538 https://www.bbc.com/news/av/stories-48122281 https://www.euronews.com/next/2021/07/16/tel-aviv-wants-to-use-dog-poo-dna-tests-to-catch-and-fine-careless-pet-owners

P.D.: Non adxunto fotos porque a nada que un camiñe polas rúas da cidade pode constatar o que menciono no contido deste texto.

Informe de inviabilidade

A súa proposta temos que etiquetala como inviable pois o que se solicita é a implantación dun servizo e non un gasto de investimento, requisito para entrar neste programa.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • elizcao
    elizcao  •  Autor  •  11/10/2021 10:50:44

    Coméntoo por aquí a resposta do Concello ás miñas alegacións (que mencionei no anterior comentario), por se alguén lle parecía a miña proposta unha proposta interesante. O poño polo menos para que quede constancia aquí, ata que decidan borrar a proposta desta web.
    Insisten no mesmo (copio e pego): "Tendo en conta a normativa de xestión orzamentaria, a implantación dun servizo como o proposto non é un gasto de investimento e polo tanto o proxecto non cumple os criterios para que sexa válido no programa de Orzamentos Participativos".
    Eu sigo sen verlle o sentido a esta resposta.
    O que me leva a plantexarme que quizáis o motivo sexa outro, como p.ex, que precisamente a quen lle tocou valorala é un/ha dos/as aludidos/as na proposta e lóxicamente non lle interesa que vaia para adiante. Nunca saberemos se é así....

    Sen respostas
  • elizcao
    elizcao  •  Autor  •  04/10/2021 12:15:31

    Enviada a contraargumentación ao informe de inviabilidade:
    ¿Dende cando a implantación dun servizo non supón un gasto de investimento?. Por outra banda, tal como aparece nos enlaces que adxuntei á miña proposta (ver os dous enlaces de información en castelán), a inversión inicial correría a cargo dos presupostos do Concello, costeando as análises de ADN durante un tempo establecido. Polo tanto, a proposta sí que supón un investimento e debe reconsiderarse a súa viabilidade para participar neste programa.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos