Na Coruña Contas

Volver

Artistas locais na rúa

o-fox o-fox  •  29/09/2021  •  Toda a cidade  • 

Moscu
Moscu

Código proposta de investimento: 3355

Unha de esas propostas de custo moi axustado e retorno cultural incalculable por moitos anos. Simplemente situar en algunhas prazas ou paseos peonils unhas marquesinas onde os artistas locais poidan expoñer e dar a coñecer as súas obras. Adxunto imaxe de exemplo dunhas marquesinas para tal fin nun boulevard de Moscú.

Anima ó desenrolo artístico local e motiva á mocidade acercando o arte á poboación. Pablo Picasso decía que o arte é roubo. As boas ideas non parten de cero, sempre xurden de algo xa existente, pois nada é completamente orixinal. Observar e copiar é parte do proceso creativo. Deixevos pois que se vexa e se comparta.

É de custe mínimo e mantenemento escaso.

Reactiva e dirixe o tránsito peonil pola cidade repartindo por diferentes barrios. Estaría quizais mellor dirixido a rúas que non conten na actualidade con un tráfico tan elevado creando así pequenos barrios ou rúas das artes (pintura, fotografía, artes gráficas dixitais, poesía e literatura...) alternativas as rutas principais e reactivando novas zonas.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 90 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos