Na Coruña Contas

Volver

Apadriña a tua Cidade

o-fox o-fox  •  29/09/2021  •  Toda a cidade  • 

Central Park
Central Park

Código proposta de investimento: 3354

Crear o departamento necesario para regular a posibilidade de apadriñar pequenos espazos públicos e mobiliriario urbán. De forma altruista poder doar diñeiro para a conservación e creación de espazos públicos de forma anónima ou có recoñecemento a través dunha praca ou grabado adicado. Imaxe de exemplo real.

Práctica moi desenvolvida en paises anglosaxóns (Hyde Park Londres, Central Park New York) onde podes atopar estas placas en lugares moi ben situados cos que acabas tendo unha conexión moi especial. Fomentar o altruismo, educar no respeto ó mobiliriario público, recoñecer o valor da xente, reforzar a idea de cidade participada. Unha demostración de amor pola tua cidade.

Unha simple placa ou grabado en bancos públicos, columpios, barandillas, árbores, escaleiras ou adoquins do chan. Poden ser adicadas, declaracións de amor, memorial de seres queridos ou completamente anónimas... Abre a porta a que patrimonios importantes de veciños da Coruña poidan deixar testamentos ou doazóns periódicas a cidade.

Un investimento con retorno real co que incrementar o poder económico do concello para coidar a nosa cidade.

Informe de inviabilidade

A súa proposta foi calificada como inviable porque non supón investimento


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos