Na Coruña Contas

Volver

Solicítase UN PASO DE PEÓNS SEGURO na Urbanización Valaire

Alonso Alonso  •  29/09/2021  •  Distrito 9  • 

paso_de_peons.jpg
paso_de_peons.jpg

Código proposta de investimento: 3324

Solicítase un paso de peóns elevado na parada do bus anterior ao Sporting club Casino e ubicada na entrada  da Urbanización Valaire. Esta é unha parada frecuentada por un gran número de escolares en horas punta. Xa son moitas ocasións de frenazos, amagos de atropelos e sustos varios neste punto. Os coches non respectan a velocidade marcada nin aos peóns e faltan medidas de seguridade que garanta a prevención de accidentes e a tranquilidade dos/as veciños/as que precisan deste medio de transporte diariamente.

Localización: Urbanización Valaire, A Zapateira

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos