Na Coruña Contas

Volver

Carril Bici "Elviña - Zapateira"

Alonso Alonso  •  29/09/2021  •  Distrito 9  • 

new_york__zapateira.jpg
new_york__zapateira.jpg

Código proposta de investimento: 3322

Solicítase a creación dun espazo seguro para ciclistas na conexión do Campus de Elviña coa Urbanización Valaire, na Zapateira. Esta zona do Concello non conta nin sequera co proxecto de carril bici xa previsto na maioría de distritos, sendo precisamente esta unha das zonas máis frecuentadas e transitadas por ciclistas e deportistas procedentes de toda a cidade, sobre todos nas fins de semana. Adaptar un espazo para biciletas seguro e ben conectado co campus de Elviña xunto co acondicionamento das beirarrúas para peóns, axudaría a reducir atascos e volume de tráfico e facilitaría outra canle de conexión coa cidade.

Localización: Vial Intercampus e Avda. New York, Zapateira

Informe de inviabilidade

Esta proposta foi calificada como INVIABLE por non cumprir o requisito de ser competencia municipal, xa que o vial a que se refire é titularidade da Deputación Provincial e non do Concello da Coruña.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos