Na Coruña Contas

Volver

Reurbanización Federico Tapia baixo praza de Vigo

AnaT AnaT  •  29/09/2021  •  Distrito 3  • 

Código proposta de investimento: 3314

Na rúa Federico Tapia, fronte aos locais comerciais baixo a praza de Vigo hai moito tráfico de vehículos e autobuses tanto urbanos coma escolares. Na actualidade non existen dous carrís senón que é un e medio. A proposta consiste en eliminar as 6 prazas de aparcamento delante dos locais e delimitar dous carrís reais. Co espazo sobrante reurbanizar toda a acera dos locais baixo a praza aumentando o seu ancho, renovando e aumentando o arboredo e mellorando os alcorques e o mobiliario urbano.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos