Na Coruña Contas

Volver

Eliminación da unlla de gato dos exteriores do Aquarium Finisterrae

FerLosada FerLosada  •  28/09/2021  •  Toda a cidade  • 

Áncora do Mar Exeo nos exteriores do Aquarium Finisterrae.
Áncora do Mar Exeo nos exteriores do Aquarium Finisterrae.

Código proposta de investimento: 3299

Propoño a eliminación da unlla de gato (Carpobrotus edulis) da zona exterior do Aquarium Finisterrae. Leva nesa zona polo menos desde a apertura deste museo científico, e destaca na zona onde está apoiada a áncora do petroleiro Aegean Sea.

Esta especie de orixe sudafricano está no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, regulada polo Real Decreto 630/2013, e aínda que é moi difícil erradicala da costa galega, sí se pode limpar nunha zona concreta como é un dos museos científicos máis prestixiosos de España.

Entre os problemas desta especie:

  • Deixa sen hábitat a moitas plantas autóctonas.
  • Os polinizadores son moi atraídos polas súas grandes flores, e deixan de lado o resto da flora autóctona.

Resultado: onde antes había 20 especies, agora hai unha.

E sí, as flores son bonitas, pero a natureza debe ter biodiversidade, non parecer un xardín.

Localización: Aquarium Finisterrae

Informe de inviabilidade

A eliminación de especies invasoras non supón un gasto de investimento, polo que temos calificar esta proposta como INVIABLE.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos