Código proposta de investimento: 3203
A actual plataforma de Datos Abertos (https://smart.coruna.es/OpenData/COR/index.html) non é sinxela de utilizar e non ten apenas datos publicados a pesar de que si que se están a recabar múltiples datos como os relacionados coa ocupación de parkings e prazas de movilidade reducida ou a utilización de bicicoruña.
É por iso que se propón realizar os desenvolvementos tecnolóxicos que sexan precisos para poder ofrecer esos datos en tempo real e con licencias libres, para que a comunidade de desenvolvedores poida aproveitalos e así xerar aplicacións de utilidade para os cidadáns.
A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 90 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Na Coruña contas.
Boas!
Xa no seu momento eu comentara algo parecido.
Creo que A Coruña ten moita información pero pola teima de non traballar, non temos información os cidadáns.
Esto é moi importante. Boa proposta.
https://nacorunacontas.coruna.gal/budgets/4/investments/2512