Na Coruña Contas

Volver

Creación de paso de peóns elevado e sinalización na rúa Orzán

pablocastro pablocastro  •  26/09/2021  •  Distrito 1  • 

Localización do paso de peóns elevado
Localización do paso de peóns elevado

Código proposta de investimento: 3199

Dende fai anos a gran maioría da xente que vai dende a rúa San Andres cara a rúa Orzán pola rúa Pórtico de San Andrés, cruza a rúa Orzan fronte ao número 82 nun lugar onde non está permitido, xa que o paso de cebra máis cercano está bastante alonxado. Non hai máis que pararse 5 minutos a observar dito punto para concluir que a práctica totalidade das persoas que fan ese percorrido cruzan por ahí.

Esto fai que a xente se arrisque a ser atropelada polo que sería moi útil reflexar o que xa está a pasar de facto, coa creación de un paso de peóns elevado e coa sinalización correspondente, coa idea de frear aos vehículos e previr posibles accidentes.

Localización: Rúa Orzán 82

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos