Na Coruña Contas

Volver

Reforma e humanización da praza Antonio Tenreiro

pedro _catr pedro _catr  •  26/09/2021  •  Distrito 3  • 

Vista da praza coa sección para peonalizar -dereita- e a humanizar -esquerda-.
Vista da praza coa sección para peonalizar -dereita- e a humanizar -esquerda-.

Código proposta de investimento: 3175

A entrada ao Ensanche desde Juan Flórez e Federico Tapia é unha das estampas urbanas máis degradadas do distrito. A praza dedicada a un dos mellores arquitectos galegos do século XX, Antonio Tenreiro, é unha deshumanizada illa triangular no medio do tráfico e a dobre fila. Situada entre un centro de saúde e unha escola, non é un itinerario seguro para os peóns.

Aproveitando a reforma de Juan Flórez para a instalación do carril bus, proponse a seguinte humanización da praza.

1-Peonalización do pequeno treito correspondente a Ramón de la Sagra e ampliación da praza en substitución da calzada. Xa que os edificios carecen de garaxe, a afectación ao tránsito é mínima. Coa conversión en carril exclusivo para bus de Juan Flórez en sentido entrada, deixa de ter sentido o xiro á dereita en Ramón de la Sagra. O xiro pódese facer perfectamente desde Federico Tapia.

2-Redución da sección de calzada no tramo correspondente a Federico Tapia. Actualmente hai dous carrís e dúas filas de zona azul, pasaríase a un carril sen aparcamento, continuando o esquema do tramo de rúa inmediatamente anterior diante do centro de saúde. O espazo gañado serviría para ampliar a praza-parque.

3-Redución da sección de calzada no tramo corresponde ao carril bus de Juan Flórez. Ao ser unha vía exclusiva, deixa de ter sentido o ancho dedicado actual, no que hai dúas filas de zona azul. O espazo gañado serviría para ampliar beirarrúas do lado do muro de Juan Flórez e ampliar a praza o que permita o ancho dispoñible.

4- Reforma estética do parque con plantación de novas especies arbóreas, sendas polo medio da praza, bancos, algunha pequena fonte... En definitiva, converter a praza nun recunho onde apeteza estar á sombra, levar os nenos que saen da escola con seguridade ou descansar nas inmediacións do centro de saúde.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos