Na Coruña Contas

Volver

Humanización rúa Vereda Polvorín con Rúa Santo Tomás

pablo.otero pablo.otero  •  26/09/2021  •  Distrito 2  • 

Código proposta de investimento: 3165

Na praciña que se forma na rúa Vereda Polvorín coa Rúa Santo Tomás, podería humanizarse con máis e mellores zonas verdes, bancos, novos puntos de recollida de vidro e papel e unha estación de BiciCoruña. Coa humanización, reduciríase a presenza dos coches e gañarían protagonismo os peóns.   

Localización: Rúa Vereda Polvorín

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: A reurbanización do entorno do cruce entre a rúa Santo Tomás e a rúa Vereda Polvorín en plataforma única, conseguirá o aumento da superficie peonil tanto de paso como de estancia, incluíndo zonas verdes e mobiliario urbano, así como a mellora das redes de saneamento, canalización municipal e a reposición dos servizos que puideran verse afectados.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos