Na Coruña Contas

Volver

Pipicáns

Franvacotar Franvacotar  •  25/09/2021  •  Distrito 2  • 

Código proposta de investimento: 3149

Co obxectivo de poder realizar un uso máis saludable dos parques e xardíns, propoño a instalación de pipicáns en cada unha das zonas verdes das que contamos. Estas instalacións permitirían que a cidadanía puidese aproveitar moitísimo máis e mellor estes espazos que, lamentablemente, a día de hoxe, se perciben como lugares sucios. Existen pequenas recunchos verdes realmente bonitos e acolledores, como o xardín que se atopa entre a Avda. de Navarra, a Rúa Manuel García Canzobre, e o Paseo Marítimo que non se poden utilizar porque, prácticamente, se converteron en pipicáns improvisados. 

Resulta envidiable ver como, noutras cidades, os cidadáns déitanse ao sol, xogan cos nenos ou toman o seu xantar sentados na herba con total tranquilidade, aproveitando como se merece eses espazos.

 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos