Na Coruña Contas

Volver

Ampliación do proxecto de Locais de Ensaio e incorporación a maiores de 30

erikskauch erikskauch  •  24/09/2021  •  Toda a cidade  • 

Locais de ensaio
Locais de ensaio

Código proposta de investimento: 3100

Os Locais de Ensaio do Concello levan sendo un éxito dende a sua formación. Ofrecen a mocidade espazos e equipamento de balde (e non son baratos precisamente conseguilos doutra forma) para que poidan ensaiar música e grabar maquetas, facendo unha aposta dobre pola cultura musical da cidade e por proporcionar alternativas de ocio a xuventude. Alén diso, compleméntase con concertos onde os grupos dos locais poden tocar para os seus veciños (sexan con fins benéficos ou en eventos do concello como as carreiras populares) e incluso masterclasses impartidas por profesionais. O seu éxito demóstrase na cantidade de solicitudes que chegan para poder formar parte do programa. Esta proposta de investimento o que propón e destiñar diñeiro para amplia-lo proxecto. Poderíanse habilitar máis salas con equipamento (non necesariamente no Coliseum, poderíanse adecentar outros espazos sen uso do Concello), poderíanse ampliar os horarios, ampliar a posibilidad de aceptar no programa a maiores de 30 anos (ainda que fora pagando una cantidade solidaria para o mantemento do equipamento), máis masterclasses, programación en colaboración coas salas da cidade de grupos dos locais e incluso fomentar un sistema de "combos" similar ao das Academias de Música onde se xunta xente que toca distintos instrumentos pola súa conta para tocar xuntos dirixidos por un profesor, o que tamén crearía postos de traballo. O obxectivo e conseguir que calquera persoa que toque un instrumento ou queira montar un grupo poida facelo e deste manera alimentar e facer crecer o tecido e a cultura musical da cidade.  

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 90 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • ras

    Todo mi apoyo. Me parece muy necesario (imprescindible en nuestra sociedad) ofrecer alternativas para los jóvenes (y no tan jóvenes, no entiendo la limitación de 30 años) que además de poderse considerar ocio entran en fomentar la cultura, independientemente del estilo musical. Poder disponer de instalaciones para desarrollar las habilidades musicales lo considero el primer paso. El segundo es que el ayuntamiento, en lugar de pagar caché a artistas extranjeros para nuestras fiestas, apoye de verdad a grupazos de aquí que luchan por hacer escuchar su música con ínfimos medios y con sus ahorrillos y esfuerzo. Hay para todos los estilos y gustos. Ánimo.

    Sen respostas
  • acastelos

    Estou moi de acordo con esta proposta. Os locais de ensaio son moi importantes para os grupos da cidade, especialmente para os novos, pero sempre teñen unha taxa de ocupación moi alta polo que non todos poden facer uso deles. Ademáis no concello hai espacios que poderían ser habilitados para este uso, como por exemplo as naves do metrosidero, polo que non faría falta facer ningunha construccion nova.

    Sen respostas
  • Ngonzalez

    Completamente de acuerdo. Pienso que estaría muy bien quitar el límite de edad, ya que para mí no es nada justo y supone agravios, aunque se tuviese que pagar un poco a partir de los 30, eso no me parece mal. Además, así se podría conocer más grupos y escena con los que poder hacer conciertos. Ni que decir tiene lo de poder grabar con técnico (que por lo que me han contado parece que existe esta opción).

    Aparte, genial la idea de que se acondicionen más locales. Ojalá salga adelante esta iniciativa, creo que sería todo un acierto.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos