Na Coruña Contas

Volver

Ampliación de cemiterios municipais

emanteiga emanteiga  •  24/09/2021  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 3085

Os servizos mínimos municipais segundo a Lei 7/1985, do 2 de abril, de réxime local deben ser cubertos e atendidos con prioridade sobre outro tipo de investimentos porque para iso teñen a consideración de servizos mínimos. Paréceme estupendo ter por onde correr e circular en patinete pola cidade ou ter inmobles para que os artistas acaden inspiración, pero non ter onde inhumar as cinzas dos teus familiares porque non se dan concesións de reserva para restos cadavéricos procedentes de cremacións é intolerable e unha discriminación incompatible coa normativa de réxime local. O cemiterio é un servizo mínimo para dar sepultura a calquera resto cadavérico polo que creo que se debe ampliar o servizo de cemiterio para poder dar as concesións que sexan requiridas para restos procedentes de incineracións.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 90 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos