Na Coruña Contas

Volver

Os Nosos Maiores e Outros Colectivos de Pensionistas

Pexego Pexego  •  24/09/2021  •  Toda a cidade  • 

NosasMaiores
NosasMaiores

Código proposta de investimento: 3078

Propoñemos un programa de colaboración entre o sector da hostalaría e o Concello da Coruña para ofrecer servizos as persoas maiores que melloren a súa calidade de vida que así o desexen: os establecementos de hostelería, con servizos axeitados, ofreceríanlle menús rebaixados a conta das partidas orzamentarias para servicios sociais do concello, posibilitando o encontro e a relación entre eles/elas e máis o resto da cidadanía no momento máxico do xantar.

Unha vez fidelizados clientes, poderíanse ampliaren servizos como asistencias personalizadas, dietas axeitadas, orientacións e actividades en grupo, todo elo contando con xente capacitada. A financiación, como un dos obxectivos finais do programa, sería a cargo dos usuarios pensionistas,  que terían que ver no programa uns beneficios que valeran a pena, pero o impulso inicial (deseño e posta en funcionamento) tería que facerse con fondos do Concello, en xestión coordinada co sector privado que, por certo, non só cumpre unha función meramente económica.

Informe de inviabilidade

A súa proposta é inviable porque a posta en marcha dun programa non é un investimento.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos