Na Coruña Contas

Volver

Facer un tramo da Rúa Roma de sentido único

henrique henrique  •  23/09/2021  •  Distrito 8  • 

Código proposta de investimento: 3066

O acceso aos colexios Andaina e Coruña British International School está normalmente colapsado nas horas de entrada e saída debido á cantidade de coches que acceden a través da Rúa Roma nos dous sentidos. No tramo diante desde segundo colexio, o atasco prodúcese debido a que os coches entran dentro do colexio, onde o espazo é moi limitado, para recoller á cativada formando unha cola que se estende até a estrada, bloqueándoa. Nesta cola, os coches que veñen de Andaina non poden adiantar porque bloquearían aos coches que veñen en sentido contrario.

Propoño que o tramo que vai desde Andaina até o Coruña British International School se faga de sentido único sendo unicamente posible circular en dirección á Avenida de Nova York en horario escolar. Poñer unha sinal vertical de prohibido o paso, pero que teña un horario indicado na mesma sinal, como por exemplo nesta imaxe: https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/31dd16bc-f94b-4541-b331-b5121147aca7_16-9-aspect-ratio_default_0.jpg.

 

Localización: Rúa Roma

Informe de inviabilidade

A proposta é INVIABLE por razóns técnicas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos