Na Coruña Contas

Volver

CONVERTER EN IMAXE DE CIDADE OS MURAIS DE XERIÓN

A. Martínez A. Martínez  •  22/09/2021  •  Toda a cidade  • 

Mural do Xerión
Mural do Xerión

Código proposta de investimento: 2970

Recentemente apareceron pola cidade una serie de mosaicos que fan referencia á figura do xigante xerión, persoaxe que forma parte da lenda fundacional da cidade e que figura no escudo da mesma, íntimamente ligada á Torre de Hércules.

Estes carecen de firma de autor, significación política ou comercial, e supoñen unha intervención artística orixinal e diferenciadora con respecto doutras urbes.

Proba da súa aceptación e apoio cidadán, hai diversos exemplos (ata de personalidades deportivas) que fixeron seus esta figura e confeccionan as súas propias versións.

Plantexase o apoio a esta proposta mediante un investimento na súa potenciación, interacción e fomento, convertendoo nalgo propio da cidade, reflectindoo en espazos municipais en diferentes formatos, dende escultórico, vinílico, artístico, en pezas de mobiliario urbán cunha duración superior a un ano... 

Este tipo de propostas multidisciplinares e de imaxe habitualmente son moi custosas para as arcas municipais pola dificultade de atopar un elemento diferenciador e único.

Deste xeito e en paralelo ó investimento, (ainda que isto é so unha idea allea á propia proposta para deixar ver a amplitude que pode ter a mesma) poderíase fomentar a creatividade dos mais pequenos e maiores mediante talleres de confección da figura (de gran sinxeleza executiva), implantala en uniformes municipais, mobiliario urbán, vinculado a unha parte de xuventude e espazos municipais ou a coruña creativa e cultura, folletos comerciais ou ofrecela para o seu uso a equipos deportivos locais nos uniformes.

Sen dúbida unha grandísima oportunidade para fomentar a imaxe da cidade nunha vinculación multidisciplinar en tódolos ámbitos sociais da cidade. 

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada inviable polo equipo técnico municipal porque non é un investimento xa que se solicita o cambio da imaxe corporativa do concello. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando outras propostas que a cidade e o teu barrio necesitan. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos