Na Coruña Contas

Volver

REURBANIZACIÓN DA ZONA DAS ÁNIMAS

A. Martínez A. Martínez  •  22/09/2021  •  Toda a cidade  • 

Zona das Ánimas coa muralla separada do tráfico e novos viais
Zona das Ánimas coa muralla separada do tráfico e novos viais

Código proposta de investimento: 2949

A zona das ánimas converteuse nun espazo urbano mal resolto. A actual zona verde cercada polo tráfico carece de uso público, o funcionar como rotonda. O acceso ó Castelo de Santo Antón resulta perigoso e sobredimensionado, e existen demasiados carrís de circulación. Proponse a simplificación do mesmo, creando unha rotonda que comunique a saída do tunel, o acceso a Santo Antón, o Paseo marítimo e a subida polo Paseo do Parrote. Esta redistribución permitiría unha maior separación da porta da muralla e o tráfico, ampliando a zona verde perimetral á mesma. A supresión da zona da marquesina do tranvía sen uso actual, unha reordenación das prazas de aparcamento lindando cos terrenos da Solana e unha reducción significativa dos trenzados e m2 destinados a asfalto. 

Ademais, poderíase plantexar a creación dunha lámina de auga en contacto coa muralla defensiva e a porta da cidade, contextualizando históricamente o espazo e recuperando a cota orixinal. 

Informe de inviabilidade

A proposta non é viable por no ser competencia municipal.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos