Na Coruña Contas

Volver

CREACIÓN DUN MUSEO DA MODA

A. Martínez A. Martínez  •  22/09/2021  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2941

Creación dun museo da moda, actividade íntimamente relacionada coa cidade e Galicia. Empresas como Caramelo, Carolina Herrera, Alba Conde ou a mesma Inditex, están íntimamente relacionadas coa nosa comunidade e poden optar a ocupar algún espazo municipal dispoñible (coma nos espazos portuarios desafectados, almacéns municipais ou un edificio de nova creación). Podería ir emparexado a realización de desfiles ou a un convenio coa UDC e as empresas interesadas para crear un grande polo de atracción. Ademáis, poderia enfocarse  en parte dende unha perspectiva feminista dado o papel relevante de moitas mulleres anónimas, traballadoras de talleres de costura ou nos seus propios fogares, sen as que non poderia terse chegado ata esta posición.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 90 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos