Na Coruña Contas

Volver

CREACION DUNHA PEQUENA PRAZA NA CONFLUENCIA DA RÚA MARCONI COA RÚA MONDOÑEDO

A. Martínez A. Martínez  •  22/09/2021  •  Distrito 2  • 

Intervención
Intervención

Código proposta de investimento: 2937

Actualmente este pequeno espazo no barrio de Monte Alto é un recuncho frío e inhóspito, cheo de vehículos, sen beirarrúas  nin espazo para o peón.

Proponse a creación dunha zona peonil claramente diferenciada dos pavimentos adxacentes na actualidade de formigón. Para iso, deséñase unha praza de aproximadamente 300m2 cun pavimento sobre elevado 15cm da cota actual, mediante un pavimento de laxas de granito. Para iso valorouse a demolición total das laxas de formigón existentes e saneo da base. Aproveitaranse ditas actuacións de demolición para realizar as conexións das baixantes dos edificios, creación dunha rede de pluviais para a súa conexión futura á nova rede de pluvial non existente na zona. Así mesmo, realízase unha rede de servizos municipais, iluminación e de acometidas eléctricas subterráneas en previsión a realizar un traslado de liñas aéreas sobre fachada a subterránea. Instalaranse bancos e xardineiras segundo a distribución da praza final (3 bancos e 2 xardineiras como elementos diferenciadores de espazos). Dado que non se restrinxirá o tráfico polas rúas Marconi nin Mondoñedo, a solución exposta pretende crear unha zona claramente reservada para peóns, obrigando a circular cunha velocidade moi reducida ao tráfico, mediante unha praza elevada, empedrada, e franqueada por elementos urbanos que impidan o estacionamento no espazo peonil creado. Na valoración contemplouse a demolición completa da calzada existente e execución dun novo pavimento de laxas de granito, instalación dunha nova rede de pluviais, novos sumidoiros, canalizacións eléctricas, iluminación e mobiliario urbano. O final da actuación estará definido polas rúas Marconi e Mondoñedo, cunha posible continuación futura en tipoloxía de pavimento en actuacións futuras polas citadas rúas.

A valoración a actuación completa é de 104.600€ IVE incluído (valoración estimada dos orzamentos participativos 2017)

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos