Na Coruña Contas

Volver

Mellora do Campo de Marte

JOSEG JOSEG  •  22/09/2021  •  Distrito 2  • 

Código proposta de investimento: 2911

O Campo de Marte precisa dunha mellora. É preciso reasfaltar o chan, que ten abundantes buratos, pintar os bancos, arranxar a zona biosaudable, as papeleiras...Durante anos non houbo o mantenento necesario que precisa un dos pulmóns de Monte Alto, a carón de colexios e zona de lecer de nenos e maiores.

Localización: Campo de Marte

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE porque, ainda que estivo entre as máis apoiadas do distrito na fase de priorización, o seu orzamento de execución supera o límite asignado ao distrito, e non pode incluirse no grupo de propostas de cidade por ter acadado menos de 90 apoios, límite establecido nesta categoría para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos