Na Coruña Contas

Volver

Base de BiciCoruña no Barrio das Flores

bfrr bfrr  •  21/09/2021  •  Distrito 7  • 

Código proposta de investimento: 2885

Fai uns meses deuse a coñecer que se instalarán na cidade novas estacións de BiciCoruña, pero ningunha delas estará no Barrio das Flores ou preto, sendo as máis próximas como ata agora, ou en Matogrande ou a carón do Mercado de Elviña. 

Para dar un impulso definitivo a BiciCoruña e dado que o Barrio das Flores é un barrio idóneo desde o que moverse en bicicleta e xa conta con carril bici preto, sería unha gran nova sumar unha nova estación de BiciCoruña ao barrio. Ademais, a antigüidade dos edificios coa conseguinte ausencia de trasteiros dificulta poder gardar e ter bicis na casa.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos