Na Coruña Contas

Volver

Aparcadoiro de bicicletas no Barrio das Flores

bfrr bfrr  •  21/09/2021  •  Distrito 7  • 

Código proposta de investimento: 2884

O Barrio das Flores é un barrio no que a natureza e os espazos abertos son protagonistas e no que cada día é máis difícil aparcar coches. Ademais, conta con poucas garaxes e con poucos trasteiros pola antigüidade dos edificios. Iso fai que o Barrio sexa un lugar idóneo ao que chegar en bicicleta pero atopámonos co problema de que non temos moitos espazos para poder aparcala. Para poder paliar ese problema, existen solucións que permiten que os veciños poidan aparcar as súas bicicletas de forma segura na rúa para poder moverse. Por exemplo en Santander instalaron aparcabicis cubertos que permiten gardar a bicicleta nel evitando o seu roubo xa que se accede mediante un código. Este tipo de instalación axudaría a que máis xente puidese gardar as bicicletas e non visen un hándicap ter unha para moverse pola cidade.

 

Deixo o exemplo do que fixeron en Santander que pode ser unha boa proposta.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • ATG_97

    Estaría ben que o fixeran pero tamen mellorar o aparcamento na zona. Ampliandoo e pintando as plazas de aparcamento. Indicando os limites de aparcamento dos vehículos. O mellor e convertelo nunha Zona Verde de aparcamento prioritario para os residentes. Moita xente de Matogrande veñe a aparcar na nosa zona por culpa da falta de aparcamento.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos